jueves, 7 de noviembre de 2013

POESÍA HEBREA E GALEGA PARA O SEGUNDO RECITAL DO CICLO POETAS DI(N)VERSOS



POESÍA HEBREA E GALEGA PARA O SEGUNDO RECITAL DO CICLO POETAS DI(N)VERSOS
 


Achégase xa a segunda cita desta quinta edición do ciclo POETAS DI(N)VERSOS, terceira dende que se implantara no Centro Ágora e alcanzara un ámbito internacional. Sempre reunindo unha voz en galego e outra de calquera lingua do mundo, o luns 11 dará a benvida á poesía hebrea por primeira vez. Ás 20:30h da tarde, no Auditorio do citado centro, terá lugar unha nova lectura de poemas propios soando nas voces dos seus autores, chegados a Coruña dende Vigo e Tel-Aviv nun contacto directo, aberto e gratuíto co público coruñés e galego, previsiblemente tan nutrido coma vén sendo habitual.

Dirixida pola poeta e dinamizadora cultural Yolanda Castaño, a programación poética da Concellería de Cultura do Concello da Coruña convida dúas olladas poéticas claras, ben temperadas e tocadas pola elegancia formal, as dúas do máis recoñecido prestixio en cadanseu sistema literario: a xudía Tal Nitzán e o vigués Román Raña. Os dous poderán, ao final do acto, asinar os exemplares dos seus libros que se poñerán á venda.

Englobado pola crítica na “Xeración dos 80”, Román Raña é un dos poetas máis premiados da literatura galega contemporánea; a razón de galardón por libro, é autor de oito poemarios que lle valeron os máis sonados premios da poesía galega: dende o Martín Códax ao Caixanova pasando polo Esquío ou o Miguel González Garcés. Pola súa banda, Tal Nitzán constitúe a principal tradutora do español para o hebreo, ademais de poeta e editora. Así, traduciu máis de oitenta libros de autores coma Machado, Lorca, Neruda, Borges, Octavio Paz, Cortázar, Cervantes, García Márquez, Vargas Llosa, Roberto Bolaño ou Miguel Delibes. Pero ademais, Nitzán é unha comprometida e incansable activista pola paz e os dereitos humanos, nomeadamente en contra da ocupación da franxa de Gaza e os territorios palestinos. Así mesmo, ten participado en multitude de festivais literarios internacionais e os seus poemas traducíronse a máis de vinte linguas. Ela lerá o luns 11 en hebreo, seguida das traducións ao galego dos seus textos.


viernes, 1 de noviembre de 2013

INAUGURACION KEHILA-KABALAT SHABAT Y HAVDALA


El 15 de Enero del 2012,nos visito el Rabino Hillel Athias-Robles, de la Northwood and Pinner Liberal Synagogue de Londres y Jai Anguita, Presidente de la Comunidad Judía Progresista Bet Shalom de Barcelona. Desde esa  fecha han pasado muchas cosas, hemos construido una pequeña  Comunidad gracias a los apoyos de todos vosotros  que creísteis desde un principio en este difícil pero ilusionante proyecto . Todo esto se ha plasmado en una nueva etapa con muchas tareas por delante, esperamos y deseamos poder estar a la altura de vuestras expectativas .
El pasado Kabalat Shabat(25-10-2013) inauguramos nuestro nuevo  local de la Kehilá y para este  gran acontecimiento hemos tenido la gran suerte de poder contar con la presencia y compartir con nosotros este día tan importante para la Comunidad con el Rabino Fabián Sborovsky, Jai Anguita Presidente de la Comunidad Bet Shalom de Barcelona, Aída Oceransky, Presidenta de la Comunidad Judía de Asturias y una delegación de Portugal, desde aquí os damos las gracias por haber aceptado nuestra invitación.
No tenemos palabras de agradecimiento para nuestros hermanos por el gran esfuerzo realizado para estar con nosotros, os damos a todos las más efusivas gracias!!

Asaf
Presidente Comunitario