viernes, 6 de julio de 2012

Exposición : Fiesta y tradiciones Judías





O 7 e 8  de xullo Vilalba celebrará a nova edición da Feira Medieval, que como cada ano conta coa participación activa da maior parte das asociacións da comarca chairega.
No casco antigo da vila teremos postos de artesanía e alimentación para tódolos visitantes, sen faltar a música e a diversión polas rúas, ademáis de unha gran variedade de actividades máis.
Para consultar o programa prema en: PROGRAMA FEIRA MEDIEVAL.

 O domingo 8 de xullo (día do remate da feira) estará instalada na sala de exposicións do Auditorio de Vilalba a exposición “Fiesta y tradiciones judías” da Red de Xuderías. Con horario de 11h a 14h e de 17h a 22h, a Comunidade Xudia B´nei Israel de Galicia participará  o domingo as 12:30h nunha  charla-coloquio.