viernes, 31 de agosto de 2012

XIII Xornada Europea da Cultura Xudía












Ribadavia celebra a XIII Xornada Europea da Cultura Xudía

Centos de actividades terán lugar en 27 cidades de toda España

Baixo o lema "O espírito do humor xudeu", onde a risa é un xeito de expresión, inxeniosa, terapéutica e intelixente, a Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad celebrará, o próximo 2 de setembro, a Xornada Europea da Cultura Xudía.

Esta Xornada nace no 1996 na rexión francesa da Alsacia coma unha xornada de portas abertas ao patrimonio xudaico e cun claro obxetivo, redescubrir e revaloriza-lo patrimonio xudaico europeo.

Dende entón, non parou de congregarse a centos de miles de persoas nos máis de 800 actos organizados polas diferentes cidades.

España, un dos primeros países en formar parte da Xornada Europea da Cultura Xudía, organizará una vez máis, concertos, visitas guiadas, obradoiro, xornadas de portas abertas aos espazos culturais sefardíes máis importantes de España, recreacións históricas, degustacións gastronómicas de cociña sefardí, palestras, proxecións cinematográficas, obras de teatro, actividades infantiles coma títeres, obradoiros ou contos, e un sinfín de actividades que farán as delicias de tódolos participantes.

Esta Xornada, que terá lugar nas cidades que integran a Rede: Ávila, Barcelona, Besalú, Cáceres, Calahorra, Castelló d´Empúries, Córdoba, Estella-Lizarra, Girona, Hervás, Jaén, León, Lucena, Monforte de Lemos, Oviedo, Palma, Plasencia, Ribadavia, Segovia, Sevilla, Tarazona, Toledo, Tortosa, y Tudela, ás que se suman Madrid, Tui e Valencia, contará con una programación tan variada como atractiva que pode consultarse na páxina web www.redjuderias.org.

 

Con España son 30 os países que celebran ao unísono a Xornada Europea, todos eles membros da Asociación Europea para a Preservación do Patrimonio Xudaico (AEPJ). Trátase de Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, Eslovaquia, Franza, Grecia, Finlandia, Holanda, Hungría, Italia, Lituania, Macedonia, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía, Rusia, Serbia, Suecia, Suiza, Turquía e Ucrania.

En total, máis de 300 localidades súmanse a esta singular iniciativa que, en moitos casos, extenden as suas actividades no tempo, entre o 24 de agosto y o 9 de septiembre.



O Concello de Ribadavia ten organizado para tal día diferentes actos e actividades, destacando a conferenza “Reir é Kosher” que a Comunidade Xudia B´nei Israel de Galicia vai dar no Salón de Actos de Ribadavia ás 12:00 h.
Do mesmo xeito hai que sinalar que haberá visitas guiadas gratuitas á Xudería que versarán sobre a presenza xudía en Ribadavia, as rúas, sinagoga e convivencia, con degustación do pan hebreo “Jalote”, ás 11:30 - 12:30 - 17 e 18 h con saída dende a Oficina de Turismo.

Asemade o Centro de Información Xudía de Galicia, sito no Pazo Condal, permanecerá aberto ao público, e a entrada a este espazo cultural, no que é posible seguir a historia das

comunidades xudías que viviron nas principais cidades e vilas galegas, será gratuita durante todo o día.
Xunto con ditas actividades, os restaurantes ribadavienses “Gastrobar O Birrán” e “Viñoteca Divino Rei” ofrecerán un menú Sefardí especial para todos aqueles que desexen probar a deliciosa cociña dos xudíos que viviron en Ribadavia.
A Tafona da Herminia dará información sobre a elaboración de doces hebreos tradicionais, e para todos aqueles que realicen a visita guíada ofrecerá unha degustación do pan típico “Jalote”,  que é un doble trenzado do “Jalá” (pan sagrado para as celebracións xudías do Shabat).  

O programa completo que se iniciou o 24 de Agosto coincidindo coa Festa da Istoria, e remata o 2 de Setembro, poderá consultarse e seguirse na Oficina de Turismo de Ribadavia ou na web www.redjuderias.org ou tamén no apartado de actividades da www.bnei-israel.eu amáis da información puntual que se porá no Facebook e en Twiter en “turismo ribadavia”.

Con esta actividade o Concello de Ribadavia sigue apostando pola recuperación e dinamización do Barrio Xudeu e do Conxunto histórico, fomentando o turismo cultural e enogastronómico, basado nos recursos propios que identifican a esta vila: o patrimonio monumental e o viño do Ribeiro. Máis aínda cando ao longo deste ano estase notando un incremento da afluencia de visitantes xudios de Israel e USA.
Agárdese que para principios do ano 2013 entre en funcionamento a Ruta do Viño “Viñedos de Sefarad” que lidera Ribadavia. A presentación desta ruta en USA tivo unha gran aceptación e demanda entre as comunidades xudías e os profesionais do turismo cultural na recente promoción que se fixo no mes de Xuño pasado nas cidades de Los Ángeles, Miami e New York. Síguese na procura dunha adega do Ribeiro que esté disposta a elaborar viño kosher, debido ao potencial mercado que existe, co gallo da pertenza de Ribadavia a Red de Juderías de España.



Despues de la Conferencia,miembros de la Comunidad y amigos,nos fuimos  al Restaurante O Birran,a una degustación de un menu sefardí.El dia nos acompaño con un sol radiante,despidiendonos sobre las 18 horas de este magnifico encuentro.
Darles las gracias al Concello de Ribadavia,representado por Marcos Blanco Jorge,a la Oficina de Turismo y muy especialmente a Antonio Miguez Amil.










martes, 28 de agosto de 2012

13ª Jornada Europea de la Cultura Judía en España


RIBADAVIA DOS DE SEPTIEMBRE 2012
02/09/2012----12 Horas
Salon de Plenos del Ayuntamiento de Ribadavia



Cientos de actividades en 27 ciudades y todo a punto para celebrar la nueva edición de esta Jornada de Puertas Abiertas al patrimonio cultural judío que tiene lugar cada año el primer fin de semana de septiembre, simultániamente en 30 países europeos.

El dia dos de Septiembre,Andres Grunfed Rossman,miembro comunitario de  B´nei Israel de Galicia,participara en Ribadavia en la Jornada de la cultura judia en España con la conferencia REIR ES KOSHER.

 

EN GALEGO

 

Centos de actividades en 27 cidades e todo a punto para celebrar a nova edición desta Xornada de Portas Abertas ao patrimonio cultural xudeu que ten lugar cada ano o primeiro fin de semana de setembro, simultániamente en 30 países europeos.
O dia dous de Setembro,Andres Grunfed Rossman,membro comunitario de B´nei Israel de Galicia,participa en Ribadavia na Xornada da cultura Xudia en España coa conferencia REIR É KOSHER.

 

miércoles, 22 de agosto de 2012

Rosh Hashaná 2012 – 5773






Rosh Hashaná 2012 – 5773

COMUNIDADE XUDIA B´NEI ISRAEL

DE GALICIA

Apreciados amigos:

           Se aproxima la festividad de Rosh Hashaná,que este año comienza el Domingo 16 de Septiembre.

 Un año más lo celebraremos en Ribadavia, con la inestimable colaboración del Ayuntamiento  y la Oficina de Turismo.Tanto el Seder como la cena la haremos en la antigua iglesia de la Magdalena, que no esta dedicada al culto,es utilizada para bodas,y demás actos civiles del Ayuntamiento,situada en pleno barrio judío.

En estos días, los más respetados de nuestro calendario,los judíos hacemos un examen de conciencia y evaluamos nuestras acciones. Son días de recogimiento en los que centramos nuestros pensamientos en nuestros hermanos y en el porvenir de nuestra Comunidad.

Os rogamos vuestra confirmación,via correo electronico,o llamando a los telefonos abajo reseñados.

630611596—615197793---comunidade@bnei-israel.eu


Leshaná Tová Tikateivu vetejatem


GALEGO

Apreciados amigos:

Aproxímase a festividade de Rosh Hashaná,que este ano comeza o Domingo 16 de Setembro.

Un ano máis o celebraremos en Ribadavia,coa inestimable colaboración do Concello de Ribadavia e a Oficina de Turismo.Tanto o Seder como a cea farémola na antiga igrexa da Magdalena, que non esta dedicada ao culto,é utilizada para vodas,e demais actos civís do Concello,situada en pleno barrio xudeu.

Nestes días, os máis respectados do noso calendario,os xudeus facemos un exame de conciencia e avaliamos as nosas accións. Son días de recollemento nos que centramos os nosos pensamentos nos nosos irmáns e no porvir da nosa Comunidade.

Rogámosvos a vosa confirmación,via correo electronico,ou chamando aos telefonos abaixo apuntados.

630611596--615197793---comunidade@bnei-israel.eu


Leshaná Tová Tikateivu vetejatem