Ribadavia celebra a XIII Xornada Europea da Cultura Xudía
Centos de actividades terán lugar en 27 cidades de toda España
Baixo
o lema "O espírito do humor xudeu",
onde a risa é un xeito de expresión, inxeniosa, terapéutica e intelixente, a Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad
celebrará, o próximo 2 de setembro, a Xornada Europea da Cultura Xudía.
Esta Xornada nace no 1996 na rexión francesa da
Alsacia coma unha xornada de portas abertas ao patrimonio xudaico e cun claro
obxetivo, redescubrir
e revaloriza-lo patrimonio xudaico europeo.
Dende entón, non parou de congregarse a centos de
miles de persoas nos máis de 800 actos organizados polas diferentes cidades.
España, un dos primeros países en formar parte da Xornada
Europea da Cultura Xudía, organizará una vez máis, concertos, visitas guiadas, obradoiro,
xornadas de portas abertas aos espazos culturais sefardíes máis importantes de España, recreacións históricas, degustacións gastronómicas
de cociña sefardí, palestras, proxecións cinematográficas, obras de teatro, actividades
infantiles coma títeres, obradoiros ou contos, e un sinfín de actividades que farán
as delicias de tódolos participantes.
Esta Xornada, que terá lugar nas cidades que
integran a Rede: Ávila, Barcelona, Besalú, Cáceres, Calahorra, Castelló d´Empúries,
Córdoba, Estella-Lizarra, Girona, Hervás, Jaén, León, Lucena, Monforte de
Lemos, Oviedo, Palma, Plasencia, Ribadavia, Segovia, Sevilla, Tarazona, Toledo,
Tortosa, y Tudela, ás que se suman Madrid, Tui e Valencia, contará con una programación tan
variada como atractiva que pode consultarse na páxina web www.redjuderias.org.
Con España son 30 os países que celebran ao unísono
a Xornada Europea, todos eles membros da Asociación Europea para a Preservación
do Patrimonio Xudaico (AEPJ). Trátase de Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia
Herzegovina, Bulgaria, Croacia, Dinamarca, Eslovenia, Eslovaquia, Franza,
Grecia, Finlandia, Holanda, Hungría, Italia, Lituania, Macedonia, Noruega,
Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía, Rusia, Serbia,
Suecia, Suiza, Turquía e Ucrania.
En total, máis de 300
localidades súmanse a esta singular iniciativa que, en moitos casos, extenden
as suas actividades no tempo, entre o 24 de agosto y o 9 de septiembre.
O Concello de Ribadavia ten
organizado para tal día diferentes actos e actividades, destacando a conferenza
“Reir é Kosher” que a Comunidade Xudia B´nei Israel de Galicia vai dar no Salón
de Actos de Ribadavia ás 12:00 h.
Do mesmo xeito hai que
sinalar que haberá visitas guiadas gratuitas á Xudería que versarán sobre a
presenza xudía en Ribadavia, as rúas, sinagoga e convivencia, con degustación
do pan hebreo “Jalote”, ás 11:30 - 12:30 - 17 e 18 h con saída dende a Oficina
de Turismo.
Asemade o Centro de
Información Xudía de Galicia, sito no Pazo Condal, permanecerá aberto ao
público, e a entrada a este espazo cultural, no que é posible seguir a historia
das
comunidades xudías que
viviron nas principais cidades e vilas galegas, será gratuita durante todo o
día.
Xunto con ditas
actividades, os restaurantes ribadavienses “Gastrobar O Birrán” e “Viñoteca
Divino Rei” ofrecerán un menú Sefardí especial para todos aqueles que desexen
probar a deliciosa cociña dos xudíos que viviron en Ribadavia.
A Tafona da Herminia
dará información sobre a elaboración de doces hebreos tradicionais, e para
todos aqueles que realicen a visita guíada ofrecerá unha degustación do pan
típico “Jalote”, que é un doble trenzado
do “Jalá” (pan sagrado para as celebracións xudías do Shabat).
O programa completo que
se iniciou o 24 de Agosto coincidindo coa Festa da Istoria, e remata o 2 de
Setembro, poderá consultarse e seguirse na Oficina de Turismo de Ribadavia ou
na web www.redjuderias.org ou tamén no
apartado de actividades da www.bnei-israel.eu amáis da información
puntual que se porá no Facebook e en Twiter en “turismo ribadavia”.
Con esta actividade o
Concello de Ribadavia sigue apostando pola recuperación e dinamización do
Barrio Xudeu e do Conxunto histórico, fomentando o turismo cultural e
enogastronómico, basado nos recursos propios que identifican a esta vila: o
patrimonio monumental e o viño do Ribeiro. Máis aínda cando ao longo deste ano
estase notando un incremento da afluencia de visitantes xudios de Israel e USA.
Agárdese que para
principios do ano 2013 entre en funcionamento a Ruta do Viño “Viñedos de
Sefarad” que lidera Ribadavia. A presentación desta ruta en USA tivo unha gran
aceptación e demanda entre as comunidades xudías e os profesionais do turismo
cultural na recente promoción que se fixo no mes de Xuño pasado nas cidades de
Los Ángeles, Miami e New York. Síguese na procura dunha adega do Ribeiro que
esté disposta a elaborar viño kosher, debido ao potencial mercado que existe,
co gallo da pertenza de Ribadavia a Red de Juderías de España.
Despues de la Conferencia,miembros de la Comunidad y amigos,nos fuimos al Restaurante O Birran,a una degustación de un menu sefardí.El dia nos acompaño con un sol radiante,despidiendonos sobre las 18 horas de este magnifico encuentro.
Darles las gracias al Concello de Ribadavia,representado por Marcos Blanco Jorge,a la Oficina de Turismo y muy especialmente a Antonio Miguez Amil.
Darles las gracias al Concello de Ribadavia,representado por Marcos Blanco Jorge,a la Oficina de Turismo y muy especialmente a Antonio Miguez Amil.